
Hai un ano ninguén sabía da existencia dunha organización chamada Galicia Bilingüe e os principais problema do galego eran a incipiente perda de falantes nas franxas de idade máis novas xunto co incumprimento do decreto do galego no ensino. Hoxe os problemas son os mesmos pero semella que para falar da situación da lingua hai que nomear inevitablemente a esta nova xenófoba organización. Por que?
Porque GB da man de PP, Rosa Diez, FALANXE, AVT, etc e cun poderoso empuxe económico pretende empapapelar Galiza cunha campaña chea de bile e mentiras que aumente o medo e os prexuízos lingüísticos dos galegos? Si. Pero os culpables da situación que vive o galego son SÓ Galicia bilingüe? O problema principal do galego é SÓ GB?
O certo é que o decreto do galego que prometía una ampliación das materias en galego continua sendo papel mollado pois non hai inspectores educativos que garantan o seu cumprimento, a constitución española continua obrigando os cidadáns galegos só ao coñecemento do castelán e a diglosia e os prexuízos que hai sobre a lingua lonxe de ir a menos aumentan considerablemente.
Galicia bilingüe non é distinta dos cans neonazis que o Estado fascista español bota a pacer polas rúas, son outro can de presa do sistema. O PSOE coa súa inactividade en política lingüística e o seu uso parafernario do galego non é menos culpable. Para o PSOE GB representa a escusa perfecta para botar por terra toda nova iniciativa de normalización lingüística, como aconteceu por exemplo co Consorcio un organismo que viña a coordinar e garantir as actuacións en materia de política lingüística nos concellos e que o PSOE botou a baixo escudándose nas presións exercidas GB. E tampouco podemos esquecer o BLOQUE que non ten vergonza ningunha de despreocuparse da lingua a cambio doutras prebendas maiores como unha vicepresidencia ou controlar temas de urbanismo nos concellos.
Hoxe desde Acçom Antifascista queremos chamarvos a defender a nosa lingua ante Galiza Bilingüe ou ante quen faga falta pero sen esquecer que a nosa situación lingüística é unha opresión máis que padecemos grazas ao sistema capitalista no que vivimos e ese si é o principal inimigo da lingua galega.
